domingo, 25 de febreiro de 2024

PONZOS NAS ONDAS É HOXE DE 3ºA

É O TURNO DO GRUPO DE 3ºA DE POÑERSE AO FRENTE DOS MANDOS E OS MICROS. TRÁENNOS HOXE UN PROGRAMA MOI VARIADO, CON MOITA SUSTANCIA, ASÍ QUE IMOS SABOREALO!!!

martes, 6 de febreiro de 2024

3ºB FAI PONZOS NAS ONDAS

TÓCALLE O TURNO Á AULA DE 3ºB FACER O EPISODIO QUINCENAL DO PROGRAMA RADOFÓNICO DO COLE. CHEGA DE NOVO PONZOS NAS ONDAS, A VER QUE NOS TRAE ESTA VEZ... ESCOITADE, ESCOITADE...

mércores, 24 de xaneiro de 2024

PONZOS NAS ONDAS. CUARTO EP

NOVO PROGRAMA DE PONZOS NAS ONDAS. TÓCALLE AGORA O TURNO AO GRUPO DE 4º DE PRIMARIA. TRÁENNOS UN PROGRAMA VARIADO E CHEO DE SORPRESAS, ESCOITADE, ESCOITADE...

martes, 19 de decembro de 2023

Ponzos nas Ondas 5º A. Especial Nadal

 As nenas e nenos de 5º A cóntannos como se celebra o nadal en diferentes lugares do mundo. ademais temos as seccións habituais como As boas novas, As curiosidades, Ao son da nosa música, coa selección dun tema musical en galego, O reto....
Agardamos que vos guste!!!

domingo, 3 de decembro de 2023

5ºB FAI O SEU PROGRAMA DE PONZOS NAS ONDAS

AFONDANDO NAS NOSAS TRADICIÓNS FAVORITAS, DE GALICIA E DOUTRAS PARTES DO MUNDO, AS NENAS E NENOS DE 5ºB AMOSANNOS UN NOVO PROGRAMA DO COLE DE PONZOS, QUE CONTA ADEMAIS COAS HABITUAIS SECCIÓNS DAS BOAS NOVAS E AS CURIOSIDADES.
AÍ VAI!!!

xoves, 23 de novembro de 2023

Programa variado 6ºA en Ponzos nas Ondas

 Continuamos coa publicación de programas radiofónicos. Nesta ocasión, as nenas e nenos de 6ºA fan un programa cargado de seccións: deportes, tempo, recomendacións, novas divertidas e humor.

Para a elaboración do programa o alumnado creou unha serie de escaletas das distintas seccións para achegarse un pouco máis a este tipo de textos.

Dádelle volumen aos altofalantes e desfrutade do programa.